miércoles, 10 de junio de 2020

Aplicación Nerta

A aplicación nerta vaite permitir:

  • Revisar a tía matrícula nas ABAU
  • Consultar as túas notas das ABAU
  • Reclamar as notas das ABAU
  • Solicitar prazas nas tres universidades galegas
  • Matricularte en calquera universidade galega

Despois de entregar a túa matrícula da ABAU no instituto recibirás un correo electrónico con un usuario e un PIN para activar unha conta coa que poderás entrar na aplicación nerta. O usuario non o podes cambiar e a contrasinal que poñas debe ter polo menos oito caracteres (con maiúsculas, minúsculas e números).

Para activar a conta tes que entrar na seguinte páxina web :https://www.edu.xunta.es/contausuario/
Nesa mesma páxina tes vídeos de axuda para activar a tíúa conta.

Unha vez que tes activada a conta, entra na aplicación nerta  https://www.edu.xunta.es/nerta/
e comproba que todos os teus datos están ben e que estás matriculado nas ABAU en todas as materias elexidas.

Se tes algún problema ou algunha dúbida chámanos ou ven polo instituto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario