miércoles, 10 de junio de 2020

Aplicación Nerta

A aplicación nerta vaite permitir:

  • Revisar a tía matrícula nas ABAU
  • Consultar as túas notas das ABAU
  • Reclamar as notas das ABAU
  • Solicitar prazas nas tres universidades galegas
  • Matricularte en calquera universidade galega

Despois de entregar a túa matrícula da ABAU no instituto recibirás un correo electrónico con un usuario e un PIN para activar unha conta coa que poderás entrar na aplicación nerta. O usuario non o podes cambiar e a contrasinal que poñas debe ter polo menos oito caracteres (con maiúsculas, minúsculas e números).

Para activar a conta tes que entrar na seguinte páxina web :https://www.edu.xunta.es/contausuario/
Nesa mesma páxina tes vídeos de axuda para activar a tíúa conta.

Unha vez que tes activada a conta, entra na aplicación nerta  https://www.edu.xunta.es/nerta/
e comproba que todos os teus datos están ben e que estás matriculado nas ABAU en todas as materias elexidas.

Se tes algún problema ou algunha dúbida chámanos ou ven polo instituto.

domingo, 7 de junio de 2020

Pago das taxas da ABAU

Os impresos hai que imprimilos por triplicado (un para o banco, un para o interesado e outro hai que entregalo no instituto). É importante que no banco selen os tres.

Se alguén non pode acudir ao banco, pode facer unha transferencia á conta do Banco Santander que aparece no impreso. No concepto ten que figurar. NIF. Apelidos, nome do alumno/a. Deberá entregar o xustificante de transferencia no instituto.

En caso de ter algunha exención no pago das taxas hai que entregar no instituto copia do xustificante e mostrar o orixinal.


https://ciug.gal/PDF/impreso_taxas_abau.pdf




Impreso de matrícula na ABAU

No seguinte enlace tes o impreso de matrícula:

https://ciug.gal/PDF/impreso_matricula_abau_bach.pdf

Na PARTE VOLUNTARIA só tes que elexir a modalidade e quedas matriculado de Lingua Galega, Lingua Castelá, Hª de España, Lingua Estranxeira e Troncal de modalidade.

Na PARTE VOLUNTARIA podes matricularte dun máximo de catro materias, podes matricularte de materias non cursadas. Se coinciden no horario terás que facer os dous exames seguidos sen saír.

É importante que poñas unha dirección de correo electrónico e o teléfono móbil.

Fíxate que tes que asinar o impreso en dous lugares.

Pago das taxas do título de bacharelato

Para pagar as taxas do título de bacharelato podes entrar na páxina de pago de taxas da Xunta de Galicia no enlace de abaixo (antes de facelo lé a axuda)



Outra opción sería coller un impreso de taxas no instituto e pagalo no banco (na axuda de arriba tes os códigos necesarios para cubrir este impreso).